Mostrando entradas con la etiqueta Carlos G. Reigosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos G. Reigosa. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de noviembre de 2013

Carlos G. Reigosa - Pepa la Loba

Pepa la Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.